domingo, 9 de noviembre de 2014

Arte polo mundo...ESCULTURAS a carón do MAR. Benvid@ a A CORUÑA

Estamos en A CORUÑA, ao pe da TORRE de HÉRCULES,
 nun lugar máxico onde baten ondas e ventos...
E é na beira da torre e na beira do mar onde se creou o
PARQUE ESCULTÓRICO que adorna a cidade herculina.
Ten dezaoito esculturas doutros tantos artistas.Todas teñen relación coa historia da Torre, de A CORUÑA o de Hércules.
 Queres coñecelas??
 Unha das esculturas máis importantes para os navegantes ao longo da historia é a ROSA dos VENTOS, ROSA DE LOS VIENTOS, ROSA NÁUTICA ou COMPASS ROSE.
 É un círculo que nos amosa onde están os puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste e que nos axuda a atopar a dirección cara onde ir.
ROSA dos VENTOS que está en  A CORUÑA está realizada por un artista coruñés moi famoso que se chama Xabier Correa Corredoira.
Simboliza as seis nacións celtas, ademáis de Galicia e Tartesos, a cidade de onde era oriundo XERIÓN; cuxa cabeza, segundo a lenda, descansa ao pe da Torre. 
Podes vela case que en directo grazas a rottodigital
Preme na imaxe
Queres saber que son os símbolos que están nesta rosa?

O TRÉBOL: é o símbolo de IRLANDA, Ireland ou EIRE como lle chaman en irlandés.
A CRUZ NEGRA ou Kroaz du: é o símbolo de BRETAÑA, que é unha rexión de Francia á que lle chaman BRETAZN.
SERPE ALADA :simboliza GALES, WALES ou CYMRU como eles lle din.
TRISQUELIÓN simboliza a ILLA DE MANN, ISLE OF MANN, ELLA VANNIN ou MANNIN como se di en manés.

CARDO é a planta nacional de ESCOCIA, SCOTLAND ou ALBA como lle din en escocés.
Esta especie de CALIZ pertence a CORNUALLES, CORNWALL ou  KERNOW dito en córnico.

A  CAVEIRA simboliza a TARTESOS ou Tarsis, de onde era nado XERIÓN, o xigante que matara Hércules e que está enterrado na base da TORRE de Hércules.
VIEIRA é o símbolo escollido para representar Galicia. Representa o Camiño de Santiago, aos peregrinos e a todo o pobo galego.

Para saber un poquiño máis sobre a ROSA dos VENTOS fixemos esta pequena ficha explicativa onde atoparás a que corresponde cada lugar. Se queres podes imprimila e coloreala.

A Rosa dos ventos usábase polos navegantes como parte da AGULLA NÁUTICA ou
AGULLA de MAREAR 
(seguro que lle escoitaras esta expresión a alguén algunha vez). 
Esta agulla leva unha rosa (círculo graduado) e varios imanes e sirve para facer seguir ao barco o rumbo preciso dun punto a outro.
Para que funcione correctamente debe ir metida dentro dun armario moi seguro que manteña a súa posición horizontal aínda que se mova o barco. É o armario de Bitácora
Como era tan segurísimo os capitáns gardaban o seu caderno especial con todas as anotacions do día a día do barco, o chamado CADERNO de BITÁCORA.
A nos encantaríanos ter un na aula, pero precisaríamos que nolo dera un capitán de verdade, para poñer o noso nome, a nosa cara...e anotar os datos da nosa viaxe.
Quen sabe, igual ata temos sorte...

Mais aínda non partimos así que imos percorrer un pouquiño máis das esculturas desta cidade.
Preto deste parque escultórico atópase a CASA DOS PEIXES e nela o peixe máis chulo que podes observar nunha cidade: o PEIXE SERRA DE DÚAS COLAS de JORGE PETEIRO.
Deles xa falaramos no blogue "OMUNDOENTEIRO: O mar enteiro"


Esta é a nosa versión.

 A convertimos nun crebacabezas para que poidas xogar con el, anímaste? Preme na imaxe entón.
Agora se queres o que queres é pintalo antes debes imprimilo!!
Podes ver que  PETEIRO era un pintor do máis alegre e colorista, o seu xeito de ver A CORUÑA fixo que os demáis a viran doutra maneira aínda máis positiva.
Olla qué bonitas obras nos deixou sobre A CORUÑA, GALICIA e O MUNDO. Se premes na imaxe verás unha pequena galería das súas obras.

Na páxina web de PETEIRO aparecen tamén moitas das súas produccións artísticas. Nos escollemos unha moi especial, unha das moitas que fixo de A CORUÑA. Eleximos esta vista da cidade para traballar con ela. 
Agora a podes imprimir en blanco e negro para pintala. Como ti queiras, como o modelo ou como gustes. De calquera xeito vai quedar bonita, verdade?
Igual a preferes como ficha para conservar os datos




A este artista lle gustaba moitísimo o mar e os seus animáis. Ésta é unha composición dalgunhas das súas obras de mar: peixes, golfiños, camaróns...


Aquí podedes ver ao propio PETEIRO con ese golfiño da exposición.
Pero non so os golfiños ocuparon o seu tempo:
olla as variacións de camaróns que pintou:
Anímaste ti a facer un crebacabeas de 12 pezas con eles?
Preme nas imaxes.
Antes de nos ir, lembra que aínda non rematamos a visita polas esculturas da cidade: un curmán do polbo Cristovo, o Millenium, e algunha obra de arte máis agardan por nós.
Pintores de aquí como Seoane, Urbano Lugrís;
 ou de fora como Manrique, Escher ou Chagal nos esperan para acompañarnos na nosa viaxe.
Agardámoste a ti tamén, Grumete!!



lunes, 20 de octubre de 2014

Arte polo mundo... QUE PINTA A CORUÑA?

A CORUÑA  É PINTUREIRA.
No noso novo proxecto bianual " O Mar enteiro" imos viaxar cara novos lares descubrindo a Arte na Pesca e a Pesca nas Artes. 
Embarcaremos no "Koruño" en pouco tempo.

Partiremos do espectacular porto da cidade de A CORUÑA onde todo semella estar feito con moita arte; ou alo menos iso nos parece a nós. 
A nós e tamén a un dos pintores españois máis famosos da historia e que vivíu na nosa cidade: PABLO PICASSO
O sabías?
PICASSO cando xa era un home maior dicía que A CORUÑA  a cidade máis alegre e feliz do mundo, que xa é dicir. 




El vivíu nas nosas rúas durante catro anos e esta foi a súa casa que agora está aberta ao público, como podes ver se premes na imaxe:
Na rúa Payo Gómez, ao ladiño da Praza de Pontevedra. 


Se premes na imaxe de abaixo podes pasear por isa rúa...

Durante estes catro anos na Coruña, que o pintor lembraba  como a ciudade “más divertida del mundo”,  realiza a súa primera exposición nunha antigua paragüería da Rúa Real.Van xa 120 anos diso, polo que no 2015 se celebrará A CORUÑA unha nova e importatísima exposición dos seus cadros como homenaxe.
Nas súas  obras de estos años destaca o“Álbum de La Coruña” con esceas de lugares que podes ver nesta INFOGRAFÍA supercompleta 
 do periodico A OPINIÓN de A CORUÑA.  Tamén indican  cousas importantes da súa vida na cidade:
PICASSO dicía:" A los 12 años ya sabía dibujar como RAFAEL (un pintor italiano magnífico), pero necesité toda una vida para aprender a pintar como un niño". Dicía eso porque é coñecido pola súa pintura un pouco confusa se non a coñeces: a pintura CUBISTA 
Será que ten algo que ver cos cubos?
Algunhas das súas obras máis coñecidas son...


Tes algunha pista?
Mira cómo as pintaba e logo falamos...


 Chulo, chulo, pero por que pintaba así? Mellor que cho conten él mesmo e seu amigo BRAQHE.


Agora que xa sabes as claves do estilo PICASSIANO, que che parece se practicas un pouquiño as caras on line antes de no lienzo?


Se che soubo a pouco podes rematar o retrato completo neste xogo:



PICASSO tamén estivo noutras cidades. Se queres podes ler un pouquiño sobre el neste enlace coa súa historia para nenos:



 En Málaga,onde tamén vivíu, crearon este xogo tan chulo con obras do seu Museo:



E en Barcelona estoutro xogo de moita atención e memoria:


Dentro desta entrada, como non podería ser outro xeito,temos que colocar o poema de Carlos Reviejo
que é un clásico das escolas:



Qué divertido es Picasso!

Es pintor rompecabezas

que al cuerpo rompe en mil piezas

y pone el rostro en los pies.

¡Todo lo pinta al revés!

¡Este Picasso es un caso!

Es un puro disparate.

No es que te hiera o te mate,

pero en lugar de dos cejas

él te pone dos orejas.

¡Vaya caso el de Picasso!

Te deja que es una pena:

te trastoca y desordena,

te pone pies en las manos

y en vez de dedos, gusanos.

¡Si es que Picasso es un caso!

En la boca pone un ojo,

y te lo pinta de rojo.

Si se trata de un bigote,

te lo pondrá en el cogote.

¡Menudo caso es Picasso!

¿Eso es hombre o bicicleta?

¡Si es que ya nada respeta....!

Esos ojos que tú dices,

no son ojos...¡son narices!

¿No es un caso este Picasso?

Todo lo tuerce y disloca:

las piernas, brazos y boca.

No es verdad lo que tú ves.

¡Él pinta el mundo al revés!


¡Qué Picasso es este caso!

Xa estas list@ para resolver esta adiviña!!
Se queres podes imprimila e coloreala ao teu xeito.
Se queres imitar o seu estilo
E para rematar xa a entrada un enlace para descargar o cadro GUERNICA en varios tamaños:


Vémonos axiña para falar de escultura, que te invitamos a dar un paseo á beira da TORRE de Hércules e falarmos do parque escultórico que ten.
Esperámoste!!