Como toca quedar na casiña e o mundo estase a poñer un pouco gris, dende o Pintureiro queremos axudarvos a darlle unhas pinguiñas de cor ao voso día a día.
Con cores fabulosas pinta a artista invitada que ven, virtualmente falando, dende Xapón. Chámase Yayoi KUSAMA e neste blogue encántanos, así que poderedes visitar outras entradas para saber máis dela se queredes.
Polo de agora disfutaremos do seu colorido xeito de ver a vida. A LUNARES!! Anímaste a decorar como ela? Preme no cartel de abaixo a che levará ata esa fantasía...
Pero se o que de verdade queres é crear un novo mundo onde colorear, pintar, esculpir e mesmo sir ti nos retratos, non dubides en entrar na MAGIC LAND de Pip e Pop
A vivir a maxia da ARTE!!