¡Que fermoso pais imos visitar agora! É lonxano,máxico e moi especial.
A INDIA.
No puzzle da ilustradora ARIHOMA ( Arianne Hoffmann-Maniyard) poderedes ver este animal tan típico de aló.
A INDIA está chea de cousas singulares, especiais, sorprendentes. Poderedes ver unha poucas no vídeo que fixemos coas fotos de
María Barco.
¡¡¡Moitas grazas, María!!! Esperamos que che guste o que fixemos coa túa reportaxe...
Na Capital da INDIA, que é NOVA DELHI, hai dous MUSEOS que nos permiten visitas vituais. Anímate a visitar os museos da India dende o teu ordenador grazas ao ART PROYECT
MUSEO NACIONAL DE DELHI
GALERÍA NACIONAL DE ARTE MODERNO
ngma
Olla e pensa se son diferentes ou semellantes ás nosas:
Que chulas, ¿non si?
Pois ademáis na INDIA como en todo o mundo hinduísta teñen un xeito de arte moi especial:
OS MANDALAS
que de seguro viches ou fixeches algunha vez.
Son debuxos xeométricos xeralmente circulares que facilitan a concentración e a aprendizaxe.
Úsanse dende tempos moi antigos e producen unha grande sensación de relaxación ao debuxalos e/ou colorealos.
Velahí vai unha selección de mandalas para debuxar, xerar e colorear on line.
¡¡A pasalo ben coa experiencia!!
Chulísima esa reportaxe, profe, grazas o video de María Barco e a tí polo resto da información tan valiosa e bonita, bicos...
ResponderEliminarNon vexas como vamos a aproveitar todo isto!!! Grazas!!!
ResponderEliminar