No XAPÓN quedamos una anaquiño, que aínda hai moita ARTE que ver.
Desta volta imos falar dunha arte menor: O ORIGAMI ou PAPIROFLEXIA.
Preme no crebacabezas, só son 4 peciñas de nada!!
É uha arte xaponesa que consiste en dobrar e plegar os papéis sin usar trebello ningún e facer con eles figuras de formas variadísimas.
A Asociación Española de PAPIROFLEXIA ten unha páxina moi chula con moitos esquemas para facer figuriñas.
Como estas...
"O REI que perdeu a COROA"
Agora de seguro que estás moi seguro do que é esta arte. Pois imos a xogar un pouquiño con estas novidades:
Para imprimir e facer con papel:
Para velo amodiño online
Para ver uns modelos chulísimos.
Está en inglés pero vese moi ben como o fan.
Unha pouquiña acción nos viría estupendo, nonsí?
Suaviño primeiro con este fabricador de figuriñas de papel. A ver cantos niveis es quen de pasar. Dobra con sentidiño que hai moito que pensar.
Suaviño primeiro con este fabricador de figuriñas de papel. A ver cantos niveis es quen de pasar. Dobra con sentidiño que hai moito que pensar.
Pois adiante con este animal de origami que ten que salvar moitas dificultades e plataformas...
Non vai ser doado
Cans@ de tanto saltar? Pois aínda che queda convertirte nunha campiona ou nun campión de esquí no mundo ORIGAMI.
Anímaste a probar??
Acouga un anaquiño, agora que xa eres expert@ no ORIGAMIA Que tal se fas un decoradísimo e logo o imprimes?
Sigue as instruccións deste xogo. O chaman oráculo, pero ten máis nomes como comecocos.
Pásao ben!!