domingo, 18 de noviembre de 2012

ARTE POLO MUNDO... India, segunda parada

¡Que fermoso pais imos visitar agora! É lonxano,máxico e moi especial.
A INDIA.


No puzzle da ilustradora ARIHOMA ( Arianne Hoffmann-Maniyard) poderedes ver este animal tan típico de aló.

INDIA está chea de cousas singulares, especiais, sorprendentes. Poderedes ver unha poucas no vídeo que fixemos coas fotos de 
María Barco.
 ¡¡¡Moitas grazas, María!!! Esperamos que che guste o que fixemos coa túa reportaxe...


Na Capital da INDIA, que é NOVA DELHI, hai dous MUSEOS que nos permiten visitas vituais. Anímate a visitar os museos da India dende o teu ordenador grazas ao ART PROYECT


MUSEO NACIONAL DE DELHI


GALERÍA NACIONAL DE ARTE MODERNO 
ngma



Na INDIA teñen unhas esculturas moi curiosas, algunhas de persoas, outras dos seus deuses...
Olla e pensa se son diferentes ou semellantes ás nosas:



Que chulas, ¿non si?
Pois ademáis na INDIA  como en todo o mundo hinduísta teñen un xeito de arte moi especial:
OS MANDALAS 
que de seguro viches ou fixeches algunha vez.



Son debuxos xeométricos xeralmente circulares que facilitan a concentración e a aprendizaxe.
Úsanse dende tempos moi antigos e producen unha grande sensación de relaxación ao debuxalos e/ou colorealos.
Velahí vai unha selección de mandalas para debuxar, xerar e colorear on line.

¡¡A pasalo ben coa experiencia!!





lunes, 15 de octubre de 2012

ARTE POLO MUNDO...Francia, primeira parada.


Neste novo curso escolar o proxecto do 
CRA de Bergondo leva o Arte polo Mundo. E a nosa primeira parada é en FRANCIA.
Velahí tedes este puzzle tan gracioso e Kawaii da ilustradora Bukubuku...con cousas típicas dese país veciño.



Se queres saber máis do proxecto non esquezas visitar o novo blogue 
O MUNDO ENTEIRO




A capital de Francia é PARÍS e para os que non o coñecen aquí vai un pequeno e Pintureiro vídeo con algunhas das cousas máis rechamantes del.


En PARÍS hai moitos museos e alguns ofrécennos visitas virtuales. En Pintureiro escollimos tres para que podas visitalos "paseando".
 Se queres velos cáseque en directo fai clic na persoa pequeniña que está no enlace. 
Como esta de abaixo...


Preme nas fotos e xa podes comezar a visitar PARÍS a través dalgúns dos seus museos máis importantes: 
MUSEO D´ORSAY


MUSEO DE LORANGERIE


MUSEO DE VERSALLES


Neste outro museo tamén podes entrar pero de xeito distinto, é o 
MUSEO DO LOUVRE



Antes de marchar de Pintureiro non esquezas ver este vídeo duns ratóns de Museo. 
Viaxan a PARÍS para descobrir un misterio e axudar a unha amiga.
¡¡Desfruta da viaxe!!


Na próxima entrada o noso amigo FRANCOISE vainos a explicar algunhas cousas moi chulas sobre unha arte xenial: 
A ESCULTURA.
Non a perdas, meu!!.

jueves, 17 de mayo de 2012

Día Internacional dos MUSEOS.

¡¡Xa chegou o día Internacional dos Museos!!

Ademáis de todas as visitas que podedes facer aos museos da vosa contorna, podedes pasar un rato visitando virtualmente museos e obras de arte.


Ana,do CEIP de Belesar ,comparte connosco este symbaloo no que atoparedes decenas de recursos chulísimos para xogar, ver e aprender…

symba 1


Algúns dos 17 Museos máis importantes do mundo colaboran con Google e entre sí para formar o ARTPROYECT ao que podedes acceder por mor deste enlace:

artproyect

Para máis visitas a museos outra profe, Olga,
 de El rincón de la Maestra comparte o seu WIX de Museos de España.

artproyect museos

E en museos se atopan obras destas tres mulleres artistas, poderedes xogar cos seus deseños a aprender algo máis delas premendo no cadro.

artproyect KUSAMA artproyect austrao
yayoi kusama

Yayoi
Kusama
pip y popPIP
e
POP

Non vos esquezades de pasearos un ratiño por Ssissimonea para dar una voltiña  musical polo museo.
E aquí, na columna dereita, tedes visitas guiadas polos museos máis importantes do mundo enteiro.


¡¡
FELIZ DÍA!!