Mostrando entradas con la etiqueta XAPÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XAPÓN. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de marzo de 2020

PINTADO DE CORES A REALIDADE.

No Pintureiro temos Arte para repartir, xa veredes.
Como toca quedar na casiña e o mundo estase a poñer un pouco gris, dende o Pintureiro queremos axudarvos a darlle unhas pinguiñas de cor ao voso día a día.

Con cores fabulosas pinta a artista invitada que ven, virtualmente falando, dende Xapón. Chámase Yayoi KUSAMA e neste blogue encántanos, así que poderedes visitar outras entradas para saber máis dela se queredes. 
Polo de agora disfutaremos do seu colorido xeito de ver a vida. A LUNARES!! Anímaste a decorar como ela? Preme no cartel de abaixo a che levará ata esa fantasía...






Pero se o que de verdade queres é crear un novo mundo onde colorear, pintar, esculpir e mesmo sir ti nos retratos, non dubides en entrar na MAGIC LAND de Pip e Pop
PREME na imaxe de abaixo para poder xogar.
 Unha chulada de xogo interactivo, a que sí?


Mira que cousas chulas se poden facer.
 Esta é unha pequena mostra ...


Chulo, verdade?



A vivir a maxia da ARTE!!

lunes, 11 de noviembre de 2013

ARTE POLO MUNDO. Xapón de papel... Parada e fonda.

No XAPÓN quedamos una anaquiño, que aínda hai moita ARTE que ver. 
Desta volta imos falar dunha arte menor: O ORIGAMI ou PAPIROFLEXIA.

Preme no crebacabezas, só son 4 peciñas de nada!!

Xa sabemos o que é o ORIGAMI?  
É uha arte xaponesa que consiste en dobrar e plegar os papéis sin usar trebello ningún e facer con eles figuras de formas variadísimas.




Queres ver verdadeiras obras maestras de ORIGAMI  Olla este vídeo...


A Asociación Española de PAPIROFLEXIA ten unha páxina moi chula con moitos esquemas para facer figuriñas.


 Como estas...

Os especialistas do todos os países consultan esta outra páxina tamén...a do CLUB ORIGAMI.


Tamén se poden contar contos coas figuriñas de ORIGAMI  como este tan chulo de 
"O REI que perdeu a COROA"


Agora de seguro que estás moi seguro do que é esta arte. Pois imos a xogar un pouquiño con estas novidades: 
Para imprimir e facer con papel:

Para velo amodiño online
Para ver uns modelos chulísimos. 
Está en inglés pero vese moi ben como o fan.

Unha pouquiña acción nos viría estupendo, nonsí?
Suaviño primeiro con este fabricador de figuriñas de papel. A ver cantos niveis es quen de pasar. Dobra con sentidiño que hai moito que pensar.



Pois adiante con este animal de origami que ten que salvar moitas dificultades e plataformas... 
Non vai ser doado

Cans@ de tanto saltar? Pois aínda che queda convertirte nunha campiona ou nun campión de esquí no mundo ORIGAMI. 
Anímaste a probar??

Acouga un anaquiño, agora que xa eres expert@ no ORIGAMIA Que tal se fas un decoradísimo e logo o imprimes?
 Sigue as instruccións deste xogo. O chaman oráculo, pero ten máis nomes como comecocos.


Pásao ben!!



lunes, 21 de octubre de 2013

ARTE POLO MUNDO. Xapón do Sol Nacente... Sétima parada.

XAPÓN é un adorable país oriental cheo de Arte. Creador de moitas das artes menores que agora todos coñecemos e practicamos. 
É un país doado de querer:

Xa sabes, preme na imaxe e farás o crebacabezas.

              XAPÓN, capítulo 1
Compre sinalar dous MUSEOS moi completiños que teñen no país do Sol Nacente:
Un MUSEO como os que adoitamos ver noutros lares e polo que poderás pasear premendo na imaxe; o MUSEO NACIONAL DE TOKIO:


Outro MUSEO moi especial é o 
MUSEO ADACHI, 
que non é só un museo de pintura, senon que o é tamén de PAISAXISMO:
O seus xardíns tamén son obras de arte. 
Podes pasar a velos premendo na imaxe:


Aproveitando este recurso que atopamos na rede, feito por cativas de Colombia neste mesmo ano, contámosche un pouquichiño máis polo miúdo algunha cousa del...



Nos museos adoitan expoñer obras moi famosas, de seguro que se te fixaches ben, viches unha moi xeitosa no museo de TOKIO. Un dos artistas máis famosos do XAPÓN foi 
Katsushika HOKUSAI. E...
A que che soa esta onda???

Este artista xaponés lle adicou moitísimos debuxos e grabados ao Monte Fuji, que de seguro que lembras da entrada de O MUNDO ENTEIRO.
Esta ilustración tan divertida do monte Fuji é de David Garrido, 
podes entrar no seu blogue premendo nela.

Agora que xa coñeces o FUJI  debuxe que o debuxe, intenta atopar o "Montes Fujis" que debuxou Katsushika HOKUSAI. A ver se os atopas toooodos:


Atopáchelos?
Agora, despois de tanta atención necesitamos facer unha paradiña. 

Que tal se o facemos no Castelo HIMEJI?? 


É un castelo moi distinto aos que xa vimos, ten unha vistas marabillosas dende a súa torre máis alta... Non te me marees!!


Que che parece se nesta visita imos cuns amigos dos que gostamos moito? 
Sí, son eles, os Little Einsteins.



             
            XAPÓN, capítulo 2



        Que máis ARTES atopamos no  XAPÓN ?             Pois  unha que de seguro che ha encantar:
        a ARTE de contar contos: o KAMISHIBAI


O KAMISHIBAI é un xeito de contar contos moi especial e antigo. Basease nun teatrillo no que pasan as láminas que o contacontos nos vai contar. Kamishibai significa "teatro" de papel. Todo comezou nos vellos tempos cos anciáns do XAPÓN contándolle aos pequenos historias. 


Se premes na imaxe podes facer o crebacabezas de Pepe Cabana Kojachi

Por todo o mundo existen agora contadores de historias de Kamishibai un moi coñecido é este ilustrador e contacontos:
Pronto no blogue da Biblioteca imos ver o noso propio Kamishibai feito de xeito colaborativo por todos @s nen@s do CRA.
 Como adianto esta actuación de Pepe Cabana