Mostrando entradas con la etiqueta PUZZLES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PUZZLES. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de marzo de 2014

ARTE POLO MUNDO. América, aló imos. EEUU. Oitava parada.

Nos Estados Unidos atopamos moita pasión polas ARTES.


Xa sabes que premendo na imaxe terás un crebacabezas listo para resolver

Na gran mazá, a cidade NOVA YORK, onde chegamos de visita con MADLENKA, sitúanse moitos museos moi importantes.
¿Queres visitalos connosco?

O primeiro deles é o MUSEO GUGGENHEIM, que está na cidade dende 1937 no zona chamada Upper East Side.


Podes entrar na páxina do museo premendo na imaxe.

O  MUSEO GUGGENHEIM  exhibe coleccións de arte moi complexas, non só de pintura, senon de escultura, arquitectura...
O seu diseñador foi Frank Lloyd Wright, un xenio da arquitectura do século pasado. 
Podes descargar a súa app para visitar on line o Museo dende aquí:



Pero se prefires ver o museo dende información compartida na rede, adiante, ponte cómod@ e desfruta da tua viaxe polo 
MUSEO GUGGENHEIM
 Primeiro, se queres saber cousas sobre a súa Arquitectura e credadores, podes consultar este blogue tan completiño.



Se che apetece ver o edificio e o seu contido por tí mesm@, podes facelo a través destes vídeos:

-Óllao como pouca xente o pode ver...



-Unha curta visión do seu interior...





-Non te perdas a sorprendente vista da sua fachada co proxecto "YouTube"







-Por se aínda che queda algo por ver: unha pequena reportaxe en versión inglés.




Agora que xa sabes tanto do MUSEO GUGGENHEIM 
¿probas a construilo? 
       Aquí podes ver como fixeron un GUGGENHEIM xenial feito con pezas LEGO...



Outro Museo chulísimo da cidade que nunca durme é o MoMA, 
O MoMA está na illa de Manhathan

Premendo na imaxe terás un crebacabezas de catro pezas.

O MoMA ofrece obras de Arte Moderno moi variadas, e tamén visitas on line...
Se premes na imaxe poderás entrar na páxina do MoMA no Google Art Proyect.

Se desexas entrar directamente nunha sala só tes que premer na imaxe de abaixo:


¿Sabes cándo se construíu o MoMA? Pois se queres aprender iso e unhas pouquiñas cousas máis, dalle ao "play" deste vídeo dunha cadea de televisión de Venezuela.


Pode que che soe a obra que amosaron de Van Gogh, sí, esa que está detrás do Subdirector do Museo.
 Esa obra a chamaron NOITE ESTRELADA  e se exhibe no MOMA. 


Premendo na imaxe terás un crebacabezas de 12 pezas.

Nesa obra traballaron desde a Escola de Carrio, as BolBoretas, e en Pintureiro o reflexamos así:


¿Unha pouquiña relaxación antes de seguir lendo a entrada? A terás vendo esta aplicación interactiva tan chula...



Máis non nos despistemos, que estamos nun museo enorme.
¿Estaría ben unha visita ao MoMA como a que fixemos ao  MUSEO GUGGENHEIM ? 
Pois olla o vídeo que ven a continuación:



¿Apetéceche xogar no MoMA on line?
Preme na imaxe e levarate cara a Nova York e alén...Iso sí, está en English, así que, se non estás coa profe COVA, igual precisas a axuda doutro maior. 



¿Queres ver unha aplicación chuliiiiisima no iPad?
 Pois aló vai o enlace para varias que somentes se poden descargar na appstore.


Se queres ver unha das páxinas deste museo adicada as familias, preme na imaxe de abaixo, eso sí, lembra que está en inglés.


¿Viches algunha vez esas latas que está a fotografiar o rapaz da foto? Entra no noso enlace de WARHOL e descubrirás moitíiiiisimas cousas sobre él.


¿Que che parece se fas un pouquiño POP ART na casa ou no cole con esta aplicación que vai enlazada á foto? Só tes que subir unha foto que che apeteza e...
¡¡Quedará estupend@!!



lunes, 11 de noviembre de 2013

ARTE POLO MUNDO. Xapón de papel... Parada e fonda.

No XAPÓN quedamos una anaquiño, que aínda hai moita ARTE que ver. 
Desta volta imos falar dunha arte menor: O ORIGAMI ou PAPIROFLEXIA.

Preme no crebacabezas, só son 4 peciñas de nada!!

Xa sabemos o que é o ORIGAMI?  
É uha arte xaponesa que consiste en dobrar e plegar os papéis sin usar trebello ningún e facer con eles figuras de formas variadísimas.




Queres ver verdadeiras obras maestras de ORIGAMI  Olla este vídeo...


A Asociación Española de PAPIROFLEXIA ten unha páxina moi chula con moitos esquemas para facer figuriñas.


 Como estas...

Os especialistas do todos os países consultan esta outra páxina tamén...a do CLUB ORIGAMI.


Tamén se poden contar contos coas figuriñas de ORIGAMI  como este tan chulo de 
"O REI que perdeu a COROA"


Agora de seguro que estás moi seguro do que é esta arte. Pois imos a xogar un pouquiño con estas novidades: 
Para imprimir e facer con papel:

Para velo amodiño online
Para ver uns modelos chulísimos. 
Está en inglés pero vese moi ben como o fan.

Unha pouquiña acción nos viría estupendo, nonsí?
Suaviño primeiro con este fabricador de figuriñas de papel. A ver cantos niveis es quen de pasar. Dobra con sentidiño que hai moito que pensar.



Pois adiante con este animal de origami que ten que salvar moitas dificultades e plataformas... 
Non vai ser doado

Cans@ de tanto saltar? Pois aínda che queda convertirte nunha campiona ou nun campión de esquí no mundo ORIGAMI. 
Anímaste a probar??

Acouga un anaquiño, agora que xa eres expert@ no ORIGAMIA Que tal se fas un decoradísimo e logo o imprimes?
 Sigue as instruccións deste xogo. O chaman oráculo, pero ten máis nomes como comecocos.


Pásao ben!!



lunes, 21 de octubre de 2013

ARTE POLO MUNDO. Xapón do Sol Nacente... Sétima parada.

XAPÓN é un adorable país oriental cheo de Arte. Creador de moitas das artes menores que agora todos coñecemos e practicamos. 
É un país doado de querer:

Xa sabes, preme na imaxe e farás o crebacabezas.

              XAPÓN, capítulo 1
Compre sinalar dous MUSEOS moi completiños que teñen no país do Sol Nacente:
Un MUSEO como os que adoitamos ver noutros lares e polo que poderás pasear premendo na imaxe; o MUSEO NACIONAL DE TOKIO:


Outro MUSEO moi especial é o 
MUSEO ADACHI, 
que non é só un museo de pintura, senon que o é tamén de PAISAXISMO:
O seus xardíns tamén son obras de arte. 
Podes pasar a velos premendo na imaxe:


Aproveitando este recurso que atopamos na rede, feito por cativas de Colombia neste mesmo ano, contámosche un pouquichiño máis polo miúdo algunha cousa del...



Nos museos adoitan expoñer obras moi famosas, de seguro que se te fixaches ben, viches unha moi xeitosa no museo de TOKIO. Un dos artistas máis famosos do XAPÓN foi 
Katsushika HOKUSAI. E...
A que che soa esta onda???

Este artista xaponés lle adicou moitísimos debuxos e grabados ao Monte Fuji, que de seguro que lembras da entrada de O MUNDO ENTEIRO.
Esta ilustración tan divertida do monte Fuji é de David Garrido, 
podes entrar no seu blogue premendo nela.

Agora que xa coñeces o FUJI  debuxe que o debuxe, intenta atopar o "Montes Fujis" que debuxou Katsushika HOKUSAI. A ver se os atopas toooodos:


Atopáchelos?
Agora, despois de tanta atención necesitamos facer unha paradiña. 

Que tal se o facemos no Castelo HIMEJI?? 


É un castelo moi distinto aos que xa vimos, ten unha vistas marabillosas dende a súa torre máis alta... Non te me marees!!


Que che parece se nesta visita imos cuns amigos dos que gostamos moito? 
Sí, son eles, os Little Einsteins.



             
            XAPÓN, capítulo 2



        Que máis ARTES atopamos no  XAPÓN ?             Pois  unha que de seguro che ha encantar:
        a ARTE de contar contos: o KAMISHIBAI


O KAMISHIBAI é un xeito de contar contos moi especial e antigo. Basease nun teatrillo no que pasan as láminas que o contacontos nos vai contar. Kamishibai significa "teatro" de papel. Todo comezou nos vellos tempos cos anciáns do XAPÓN contándolle aos pequenos historias. 


Se premes na imaxe podes facer o crebacabezas de Pepe Cabana Kojachi

Por todo o mundo existen agora contadores de historias de Kamishibai un moi coñecido é este ilustrador e contacontos:
Pronto no blogue da Biblioteca imos ver o noso propio Kamishibai feito de xeito colaborativo por todos @s nen@s do CRA.
 Como adianto esta actuación de Pepe Cabana

lunes, 4 de marzo de 2013

ARTE POLO MUNDO...Alemaña é moito conto. Cuarta Parada

ALEMAÑA ten moito conto, de tod@s é sabido. 
Para amosalo creamos este mapa con algúns dos contos máis coñecidos dos que recolleron os irmáns GRIMM.
Xa sabes que se fas clic na imaxe podes resolver o puzzle

 En ALEMAÑA hai moitos museos nos que poder admirar obras de pintores, escultores, ceramistas... No propio BERLIN, capital do pais,
 está o ANTIGUO MUSEO ESTATAL de BERLIN
Se fas clic na imaxe podes navegar por él grazas ao Google Art Proyect


Máis non só hai  Museos de Arte en ALEMAÑA
tamén temos museos de culturas e civilizacións antigas.
No Norte do país xermano podemos atopar un Museo moi especial:



É a antiga cidade de HEDEBY


E agora é un MUSEO VIKINGO, o MUSEO HAITHABU de Historia Vikinga
¿a que apetece visitalo? 
Pois preme nas imaxes e verás...


¿Quen foron os vikingos? 
Pois eran xentes mariñeiras e guerreiras do norte de europa que viviron fai moitíiiiisimos anos. Aínda que os máis famosos son os vikingos Noruegos, Suecos e Daneses os alemáns tamén formaron parte disa cultura tan antiga.


De novo grazas a miniaturas Ramirez por nos  prestar este vikingo baseado nun debuxo de E. Vegas, como non.
Adoraban uns deuses moi guerreiros, os deuses nórdicos como THOR, que usaba un martelo terrible.
¿Non che soa? 
Este debuxo é de Enrique Vegas.


De seguro que coñeces cousas desta cultura a través do máis famoso deles...


É VICKIE o vikingo. 
Por se non che soa, olla este capítulo da súa serie premendo na imaxe animada:



Os barcos dos vikingos chamábanse DRAKKAR e eran moi lixeiros..



Viaxaron por mares moi bravos e loitaron contra inimigos arrepiantes...máis ou menos


Pero tamen tiñan tempo de lecer, ou eso imaxinamos...


Un alemán que fixo moito pola lembranza dos VIKINGOS foi Richard WAGNER, 


WAGNER, 
 foi amigo do rey LUIS II, o que construíu o castelo de NEUSCHWAINSTEIN en Alemaña. ¿Lémbralo? 



Pois no Castelo hai salas adicadas á obra de WAGNER, 
  decoradas con algunhas das súas óbras. Unha das máis famosas é a Cabalgata das Walkirias, que sae e moooitas pelis de debuxos. 
Nos che propoñemos ver aquí unha versión propia...



Antes de saires do blogue de seguro que te apetece xogar,¿non si?
Pois aquí quedan catro xogos moi divertidos baseados na cultura vikinga: 

Ser un verdadeiro VIKINGO 
non é sinxelo.
 Axuda a esta rapaciña a conseguilo.


Vestir á moza Vikinga
está doado



Conquistar o castelo dos teus inimigos
é cuestión de puntería

Axudar a rescatar aos teus compañeiros
é o máis dificil. Ánimo.