Mostrando entradas con la etiqueta KENIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta KENIA. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de junio de 2013

ARTE POLO MUNDO...Kenia exótica.Sexta parada.

KENIA é un país da África lonxana. Ese nome tan sonoro llo pedíu emprestado ao monte máis alto que teñen, o Monte Kenia, que significa Montaña Luminosa, ¿a que é un bonito nome ?


Velaí está o Monte Kenia:



Un dos MUSEOS que atopamos neste país, KENIA, é o seu MUSEO NACIONAL.
 Está en NAIROBI, a capital deste Estado. 



En  KENIA hai unha grande cantidade de historias de animais. Son parte da súa cultura, como o son a cerámica ou as danzas e saltos dos guerreiros masáis.


Así o fan:



Dende o CRA fixemos unha adaptación libre dun  conto do animal máis admirado pola tribu masái:
 Kandinga, o león.
 ¿Apetéceche escoitalo?



¿ Queres colorear cousas típicas de KENIA e de distintas tribus africanas? 
Pois non dubides en premer no seguinte debuxo:


¡¡Ben feito!!

Agora, deixámosche uns xogos antes de sairmos desta entrada, son ben monos, xa o verás: